|
Boletín Rede Eusumo Nº 195 24 / 11 / 2022
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Rede Eusumo permitiu que a Xunta titorizase preto de 100 proxectos e contribuíse á creación de 17 novas entidades de economía social no que vai de 2022
A Rede Eusumo naceu hai dez anos e na actualidade está integrada por 87 entidades socias. Durante o 2022, permitiu a aparición dun total de 17 entidades novas e titorizou 93 proxectos enmarcados nesta fórmula solidaria de negocio.
No ámbito da formación, a Rede Eusumo formou máis de 1100 persoas e impartíronse un total de 67 cursos en modalidade presencial e en liña.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñece a economía social e os tipos de entidades que a forman | Edición II
Desde a Rede Eusumo lanzamos a segunda edición deste curso gratuíto para dar a coñecer a economía social e as entidades que a forman, así como comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.
Datas: do 25 de novembro ao 9 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 24 de novembro de 2022
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
O márketing dixital | Edición II
Desde a Rede Eusumo lanzamos a segunda edición deste curso gratuíto co obxectivo de facilitar novos métodos de márketing e comunicación ás empresas de economía social.
Datas: do 29 de novembro ao 14 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 28 de novembro de 2022
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Kit dixital de ferramentas útiles para as entidades de economía social | Edición III
Desde a Rede Eusumo lanzamos a terceira edición deste curso gratuíto co obxectivo de ofrecer información sobre as principais ferramentas que facilitan a xestión das entidades de economía social, así como facilitar o traballo colaborativo e a organización dentro da entidade.
Datas: do 1 ao 15 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 40 horas
Inscrición: ata o 30 de novembro de 2022
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Resolve as túas dúbidas sobre as cooperativas e sociedades laborais!
Desde a Rede Eusumo organizamos esta actividade en liña gratuíta para achegar o modelo cooperativo e das sociedades laborais ao público que quere emprender, ademais de mostrar experiencias reais de emprendemento mediante exemplos de entidades de éxito en Galicia.
Data: 2 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Horario: de 12:00 a 13:30 horas
Inscrición: ata o 1 de decembro de 2022 a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|