|
Boletín Rede Eusumo Nº 187 29/ 09 / 2022
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta de Galicia abre unha nova convocatoria para apoiar a inserción laboral de persoas con discapacidade en centros especiais de emprego
Este pasado martes 27 de setembro, publicouse no DOG unha nova convocatoria deste programa de axudas dirixidas a favorecer a empregabilidade das persoas con discapacidade a través de centros especiais de emprego mediante tres programas de axudas cun orzamento global que supera os 24 millóns de euros, case un 21% máis que na convocatoria anterior e co que se espera que se poidan beneficiar máis de 3700 persoas traballadoras con discapacidade e crear máis de 100 postos de traballo indefinidos.
Podes consultar o folleto da axuda premendo nesta ligazón e a orde pola que se establecen as bases reguladoras desta axuda.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Recordatorio!
Mañá, 30 de setembro, finaliza o prazo para presentar as solicitudes dos seguintes programas de axudas de economía social: Aprol Economía Social, Axudas ás empresas de inserción laboral e Bonos Consolida e Es-Transforma.
Con estes e outros apoios, a Xunta de Galicia segue reforzando desta forma a economía social de Galicia, cun número total de 174 entidades constituídas que representan o 7% do PIB galego.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Somérxete no emprendemento e coñece as empresas de inserción laboral!
Esta formación en modalidade presencial tratará sobre o papel que desempeñan as empresas de inserción laboral e sociolaboral en Galicia, así como doutras figuras xurídicas da economía social. Fomentarase o espírito emprendedor, apoiando e promovendo a creación de novas empresas na comunidade.
Data: do 3 ao 7 de outubro de 2022
Modalidade: presencial
Duración: 25 horas
Horario: de 09:00 a 14:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Lánzate a emprender en cooperativa!
Neste obradoiro mostraranse as condicións e pasos que hai que dar para emprender baixo a fórmula do cooperativismo. Trátase dunha actividade para coñecer e valorar as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas, así como a experiencia real do funcionamento dunha cooperativa.
Data: 3, 6, 10, 13, 17 e 20 de outubro de 2022
Modalidade: presencial
Duración: 20 horas
Horario: de 16:30 a 19:45 h
Inscrición: a través da web www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro ImpulsoCoop
Este encontro virtual servirá para que as cooperativas participantes poidan xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre as entidades ou as persoas que asistan.
Data: 5 de outubro de 2022
Modalidade: en liña
Duración: 2 horas
Horario: de 09:30 a 11:30 h
Inscrición: a través da web www.espazo.coop / ramon@espazo.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñece as cooperativas e as sociedades laborais
Esta acción formativa ten como público obxectivo a poboación en xeral que pretenda emprender e desexe resolver as súas dúbidas en canto ao funcionamento e a constitución deste tipo de entidades.
Explicaranse tamén cales son os valores da economía social, así como as peculiaridades das cooperativas e sociedades laborais e, por último, a axuda Aprol Economía Social.
Data: 6 de outubro
Modalidade: presencial
Lugar: Centro de formación A Reiboa
Horario: de 18:00 a 19:30 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|