LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 208 23 / 02 / 2023

Galicia e Madrid intercambian experiencias en políticas de impulso ao emprendemento e á economía social

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reuniuse en Madrid con algúns representantes dos gobernos autonómico e municipal da capital co fin de intercambiar experiencias e coñecementos nos eidos do emprendemento e a economía social.

Lorenzana aproveitou a viaxe para visitar as instalacións do E-Social Hub, un punto de información e asesoramento técnico empresarial para persoas emprendedoras e empresas.

Ver máis

Tes algunha pregunta sobre as sociedades laborais ou cooperativas?

No apartado "Preguntas frecuentes" da nosa web podes consultar toda a información con respecto a estas entidades de economía social.

Ademais, ti tamén podes sumar enviándonos a túa dúbida ou consulta a eusumo.emprego@xunta.gal

Ver máis


Inscríbete no curso "O coaching como oportunidade para emprender"

Desde a Rede Eusumo organizamos a 1.ª edición desta formación gratuíta destinada a todas as persoas que queren emprender e que precisan dunhas directrices para facer da incerteza unha oportunidade e poder desenvolver a súa idea de negocio.

Saca o maior partido dos recursos existentes e analiza a túa idea de negocio desde diferentes perspectivas para conseguir os teus obxectivos.

Datas: do 3 ao 17 de marzo de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 2 de marzo de 2023

Ver máis

Anótate na 12.ª edición do curso "A economía social e a modernización do sector agroalimentario"

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza a 12.ª edición desta formación gratuíta, no marco da Rede Eusumo, para dar a coñecer o cooperativismo no sector primario, así como as certificacións de calidade e ambientais que existen.

Datas: do 6 de marzo ao 17 de abril de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Virtual de Formación para o Emprego
Duración: 70 horas

Ver máis

Solicita a túa praza no programa Medrando Xuntas para directivas

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas Directivas, para potenciar as capacidades directivas das mulleres participantes como factor clave no seu posterior desenvolvemento profesional.

Datas: do 17 de marzo ao 16 de xuño de 2023
Modalidade: en liña (Zoom) e presencial
Duración: 70 horas
Inscrición: ata o 9 de marzo de 2023 a través deste formulario

Ver máis

Solicita a túa praza no programa Medrando Xuntas para socias e traballadoras

A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social pon de novo en marcha o programa formativo gratuíto Medrando Xuntas Socias e Traballadoras, para apoderar as mulleres pertencentes ás organizacións de economía social en contornas urbanas e rurais.

Datas: do 4 ao 27 de abril de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 9 de marzo de 2023 a través deste formulario

Ver máis

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela