|
|
|
A Xunta de Galicia pon en valor a economía social e o traballo autónomo como fórmulas de impulso do emprego
Covadonga Toca, secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, participaba o pasado xoves, 8 de setembro, na presentación dos resultados do informe A Economía GIG, onde destacou que Galicia é a primeira comunidade autónoma en canto a representatividade do colectivo de persoas traballadoras autónomas respecto do total de afiliacións. Tamén sinalou que a Xunta está a destinar neste 2022 máis de 81 millóns de euros co obxectivo de favorecer o autoemprego e as fórmulas de economía social.
Ver máis
|
|
|
|
A economía social e a modernización do sector agroalimentario
Agaca organiza unha nova edición desta formación en liña sobre certificacións de calidade e medioambientais.
O seu obxectivo é amosar, desde a práctica, as condicións e os requisitos necesarios para a xestión destas certificacións, o que contribuirá ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade.
Datas: do 19 de setembro ao 19 de outubro
Modalidade: en liña
Duración: 70 horas
Inscrición: a través deste formulario
Máis información: 981 58 47 83 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
Estás pensando en internacionalizar a túa entidade de economía social?
Neste curso, a través de distintos casos prácticos, poderás coñecer as diferentes fontes de información existentes que te axudarán na toma de decisións estratéxicas, así como elaborar un plan de mercado internacional no que identifiques unha serie de mercados internacionais. Por último, aprenderás a efectiva posta en marcha da internacionalización do teu negocio.
Datas: 20, 21, 22, 27 e 28 de setembro
Horario: de 11:00 a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de Empresas, República Checa, 40, Polígono Costa Vella, Santiago de Compostela
Duración: 15 horas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|