|
Boletín Rede Eusumo Nº 183 02/ 09 / 2022
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pont Up Store 2022
Os días 23 e 24 de setembro na praza de España de Pontevedra terá lugar este evento cun espazo de emprendemento onde se darán cita, como cada ano, as mellores iniciativas emprendedoras. Ademais, o público asistente poderá participar nas actividades de dinamización previstas para estas mesmas datas.
Para coñecer todas as actividades, podes consultar o programa completo premendo aquí.
A maiores, podes coñecer cales son os emprendedores seleccionados que presentarán os seus proxectos nas casetas a través desta ligazón.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprende novos métodos de márketing e comunicación para aplicar na túa entidade de economía social
Aproveita esta nova edición e fórmate neste curso gratuíto en liña. Aprenderás desde cero conceptos claves do ecosistema dixital e o plan de márketing, da creación de proxectos web, de redes sociais e márketing de contidos, de posicionamento SEO e de analítica web.
Datas: do 8 ao 29 de setembro
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
As permutas na economía social
Esta formación organizada pola Asociación para o Desenvolvemento Rural da comarca de Lugo, tratará cuestións relativas ás concentracións parcelarias e ao uso da terra. Tamén se falará sobre a recuperación da terra agraria de Galicia a través de permutas, polígonos agroforestais e aldeas modelo e todo desde a perspectiva da lexislación vixente.
Datas: do 12 ao 16 de setembro
Modalidade: presencial
Lugar: Centro Colaborativo do Concello de Friol, rúa Deputación n.º 14, Friol, Lugo.
Duración: 20 horas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|