|
|
|
Actividade New Start
Nesta formación, as persoas que están interesadas en formarse no ámbito da economía social ou poñer en marcha un negocio neste eido coñecerán, por un lado, cales son as entidades de economía social existentes e cales son os aspectos que hai que ter en conta na elección da súa fórmula xurídica, así como os trámites de constitución. Por outro lado, tamén traballarán no plan de empresa coa implantación do seu modelo de negocio; estudarán a viabilidade económica-financeira e os incentivos que existen actualmente destinados á Economía Social, así como aprenderán nocións básicas de fiscalidade para emprendedores que se inician neste ámbito.
Datas: do 19 ao 22 de setembro
Modalidade: presencial
Lugar: Centro de Formación CIMO, rúa Río Casaio, 2, Ourense
Duración: 20 horas
Inscrición: a través deste formulario ou no 988 391 515 ata o 16 de setembro.
Ver máis
|