|
|
|
BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL
Esta subvención ten como finalidade a consolidación das entidades de economía social de Galicia, así como o reforzo da súa presenza no tecido económico galego.
Esta axuda subvenciona os distintos conceptos:
- Equipamento informático
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial
- Mellora na eficiencia enerxética
- Adquisición de equipamento
- Reforma do local de negocio
- Mobiliario
- Obtención de certificacións de calidade
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade
- Plan de protección de datos.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.
Podes consultar o folleto premendo aquí e a orde correspondente, aquí.
Ver máis
|
|
|
|
Nova edición en setembro de: Lánzate a emprender en cooperativa
Esta formación en emprendemento cooperativo ten como obxectivo achegarlles ás persoas socias e asalariadas de cooperativas e tamén ás persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento, esta fórmula de autoemprego, mostrando desde un punto de vista práctico as condicións necesarias para emprender.
Contribuirase así a que as persoas participantes coñezan en profundidade as cooperativas e cales son as súas achegas sociais e económicas. Por último, terán a oportunidade de coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.
Datas: do 13 ao 16 de setembro
Modalidade: presencial
Lugar: Centro social, rúa Manuel María 1, Boiro (A Coruña)
Horario: de 09:30 a 14:30 h
Duración: 20 horas
Inscrición: a través deste formulario
|