LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 178  29/ 07 / 2022
 
       
   

Programa ES-TRANSFORMA

Esta axuda ten como finalidade apoiar a transformación de negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas con actividade económica, para converterse nunha cooperativa ou sociedade laboral.

Os conceptos subvencionables desta axuda son os seguintes:

  • Asesoramento legal para a constitución ou transformación.
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa,
  • Obtención de certificados de calidade.
  • Marketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Plan de protección de datos
  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxina web.
  • Mellora da eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma do local de negocio.
  • Mobiliario.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.

Podes consultar o folleto premendo aquí e a orde correspondente, aquí.

Ver máis

 
   
       
   

É o momento de reinventarte!

Formación en liña para coñecer novas ferramentas dixitais para a xestión diaria da túa entidade de economía social, que facilitan o traballo colaborativo, a organización de tarefas e proxectos, a comunicación interna e externa e a venda en liña.

Datas: do 8 ao 31 de agosto
Modalidade: en liña
Duración: 40 horas
Inscrición: a través deste formulario

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela