|
|
|
Entrega de premios do concurso Crea Economía Social 2022
Este pasado martes 19 de xullo tivo lugar a entrega de premios Crea Economía Social coa participación da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.
Nesta segunda edición do concurso de ideas organizado pola Universidade de Vigo, Aje Pontevedra e a Xunta de Galicia, resultaron galardoados os seguintes proxectos:
- Reutilización creativa (Upcycling) co premio á mellor idea de negocio en artes, comunicación e creatividade.
- Investigación e apoio con animais de compañía a nenos e nenas en educación infantil con necesidades especiais co premio á mellor idea de negocio en educación, innovación social e xestión pública.
- GymGaming co premio á mellor idea de negocio en deporte, saúde e benestar. O proxecto Bee & Cow foi galardoado co accésit nesta modalidade.
- Pontevedra Mobility Hub co premio á mellor idea de negocio en medio ambiente e natureza e co accésit nesta mesma modalidade, o proxecto H2GZ Pontealbar Trazo.
Ver máis
|