|
|
|
Programa Muller 22
O obxectivo desta convocatoria de axudas é promover a contratación de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes ou dificultades para acceder ou permanecer no mercado laboral por parte das empresas, dos autónomos e das entidades de economía social. Deste modo, están destinadas a sufragar a contratación indefinida de mulleres (desde o pasado 1 de xaneiro ata o 30 de setembro) ou mediante a modalidade de fixo-descontinuo durante un mínimo de 9 meses e a xornada completa.
O prazo para presentar a solicitude finaliza o 30 de setembro.
Podes acceder á orde premendo nesta ligazón.
|
|
|
|
Entrevistas polo Día do Cooperativismo Galego
Nesta publicación da web poderás visualizar as entrevistas realizadas a distintos galardoados nos Premios á Cooperación, as entrevistas ao primeiro premio e o accésit do Certame Cooperativismo no Ensino para a modalidade de centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, o vídeo xeral de todos os premiados no Certame Cooperativismo no Ensino e, por último, o vídeo que recolle con diferentes imaxes algunhas das cooperativas de Santiago de Compostela como anfitrioas deste Día do Cooperativismo 2022.
|