|
Boletín Rede Eusumo Nº 174 30/ 06 / 2022
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL 2022
Esta subvención ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades de economía social de Galicia e reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia co obxectivo de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as sociedades cooperativas, as sociedades laborais, as empresas de inserción e os centros especiais de emprego.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.
|
|
|
|
|
|
|
|
PROGRAMA ES-TRANSFORMA EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS 2022
Este programa establece as bases reguladoras para apoiar a transformación en cooperativas ou sociedades laborais dos negocios sen relevo xeracional, de todo tipo de sociedades e das persoas traballadoras autónomas, que xa estiveran a exercer unha actividade económica.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A ECONOMÍA SOCIAL E A MODERNIZACIÓN DO SECTOR AGROALIMENTARIO: Certificacións de calidade e medioambientais
O vindeiro 4 de xullo dará comezo un curso en liña, de 70 horas de duración, sobre a modernización do sector primario, dende a concepción cooperativa e de certificacións medioambientais e de calidade, ata as características básicas e diferenciadoras das entidades de economía social.
Datas: do 4 de xullo ao 2 de setembro
Modalidade: formación en liña
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|