|
Boletín Rede Eusumo Nº 172 16/ 06 / 2022
|
|
|
|
|
|
Xornada divulgativa sobre emprendemento cooperativo no ámbito da discapacidade
Este pasado venres 10 de xuño tivo lugar unha xornada divulgativa sobre emprendemento cooperativo no ámbito da discapacidade, organizado por In-REDE e EspazoCoop, e na que participou a secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, acompañada da directora de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao.
Covadonga Toca destacaba nesta xornada que a Xunta investirá este ano 35 millóns de euros no ámbito do cooperativismo e informaba sobre o Programa Emprega Discapacidade-Exclusión, dotado de 40 millóns de euros.
|
|
|
|
|
|
|
|
PERTE de economía social e dos coidados
Este Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica ten como obxectivo fundamental o impulso e o desenvolvemento da economía social española e o seu potencial transformador, así como duns servizos avanzados no ámbito dos coidados, accesibles e centrados nas persoas.
Este proxecto está dotado con máis de 800 millóns de euros cos que busca estimular unha economía inclusiva.
Para coñecer o resumo executivo, preme nesta ligazón.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Modernización do sector agroalimentario
Esta formación sobre certificacións de calidade e medioambientais ten como obxectivo fundamental modernizar o sector primario, e amosar desde a práctica a xestión das certificacións medioambientais e de calidade, contribuíndo desta forma ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade.
Datas: do 4 de xuño ao 2 de setembro
Modalidade: formación en liña a través desta ligazón
Duración: 70 h
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
CREA ECONOMÍA SOCIAL
Esta 2ª edición do concurso de ideas organizado pola Universidade de Vigo e Aje Pontevedra creouse co obxecto de premiar as mellores ideas de negocio baseadas en principios de economía social do estudantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos do campus de Pontevedra.
As modalidades do concurso son catro, nas que se premiarán as mellores ideas de negocio en artes, comunicación e creatividade; en educación, innovación social e xestión pública; en deporte, saúde e benestar; e en medio ambiente e natureza.
Participación: cubrir o formulario de candidatura presente en www.creaeconomia.com e envialo a contacta@creaeconomiasocial.com ou enviar un vídeo dun minuto explicando a túa idea de negocio, o produto ou servizo que comercializas e a necesidade que cobre.
Data límite para presentar candidatura: 21 de xuño de 2022
Para máis información: www.creaeconomiasocial.com
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|