LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 171  09/ 06 / 2022
 
   

Resultados da Rede Eusumo no 2021

Nesta infografía podes coñecer en detalle os datos relativos ás actividades realizadas pola Rede Eusumo durante a anualidade 2021 en asesoramentos, formación, actividades divulgativas, comunicación e moito máis.
 

       
   

A economía social galega do 2021 en cifras

Cantas entidades de economía social hai activas en Galicia? Cantas persoas socias promoveron estas novas entidades?

Coñece en detalle os datos relativos ás cooperativas, ás sociedades laborais, aos centros especiais de emprego e ás empresas de inserción laboral no ano 2021.
 

Ver máis

       
 
   
   

Emprendemento cooperativo no ámbito da discapacidade

O obxectivo desta formación é dar a coñecer a fórmula cooperativa entre as persoas con discapacidade ou con necesidades especiais coa finalidade de favorecer a súa inserción laboral.
Esta formación tamén pode ser de interese para o persoal dos Centros especiais de emprego de iniciativa social, para que tamén adquiran coñecementos neste ámbito.

Data: 10 de xuño
Horario: de 10:00 a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: no Cersia Empresa, Santiago de Compostela
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

       
   

Nova edición: Ideas cooperativas en acción

Esta formación ten como público obxectivo as persoas emprendedoras, as que teñen unha idea de negocio ou as que forman parte dun grupo promotor de autoemprego colectivo.
O programa formativo está definido para que poidan identificar o seu proxecto colectivo a través da análise CANVA; analicen cales serán as súas áreas comercial e de mercado; estuden a súa viabilidade económica e financeira; e planifiquen a área organizativa e os trámites de constitución a través do programa CONSOLIDA_ES.

Data: do 14 ao 30 de xuño
Modalidade: en liña a través desta plataforma de teleformación
Horario: 2 sesións virtuais os días 14 e 28 de xuño de 11:00 a 12:30 h
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

       
   

Nova edición: E se traballamos en equipo?

Esta formación busca fomentar as habilidades persoais claves no traballo colaborativo, coñecer os recursos e metodoloxías que axudan a traballar e mellorar esas habilidades sociais e descubrir e comezar a aplicar as túas habilidades persoais innatas no contorno cooperativo.
Trataranse as habilidades sociais e persoais, as de comunicación, as do traballo en equipo e as necesarias para a toma de decisións.

Data: do 14 ao 30 de xuño
Modalidade: en liña a través desta plataforma de teleformación
Horario: 2 sesións virtuais os días 14 e 28 de xuño de 11:00 a 12:30 h
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

       
   

Encontros cooperativos: Ferramentas comerciais

Dentro do programa #Saímoscooperando organízase este encontro entre cooperativas co obxectivo de avanzar nos contidos do programa a través da realización de dúas prácticas comerciais chamadas pitch elevator e proposta de valor; poñer en común e intercambiar experiencias e boas prácticas sobre diagnose, planificación e xestión comercial das cooperativas participantes; e xerar un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación entre elas.

Data: 16 de xuño
Horario: de 09:30 a 11:30 h
Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela