|
Boletín Rede Eusumo Nº 170 02/ 06 / 2022
|
|
|
|
|
|
Salimat 2022
Hoxe dá comezo a 25ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2022, en Silleda.
O evento estenderase ata este domingo 5 de xuño e nel empresas e profesionais do sector da alimentación disporán dun espazo destinado a contactar con novos distribuidores e importadores e atoparse con actuais e potenciais clientes mediante a exposición dos seus produtos e servizos, todo iso, reforzando a súa imaxe e notoriedade no sector.
Se queres coñecer toda a información sobre os produtos e expositores da economía social de Galicia que estarán presentes no evento podes premer aquí. Se estás interesado en coñecer a todos os expositores que confirmaron a súa presenza, preme nesta ligazón.
Para máis información sobre o evento, podes acceder á súa web: https://www.salimat.es/2022/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Queres incorporar medidas de RSE na túa entidade?
Coñece a metodoloxía e as ferramentas necesarias para analizar e avaliar as diferentes alternativas e incorporar a RSE no teu modelo de negocio.
Data: do 6 ao 27 de xuño
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Lánzate a emprender en cooperativa
Nova edición desta formación de 20 horas organizada por Espazocoop, e que ten como obxectivo achegar o modelo cooperativo á cidadanía, mostrar as condicións e os pasos que cómpre dar para emprender baixo esta fórmula e coñecer as súas achegas sociais e económicas e, por último, coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.
Data: do 7 ao 10 de xuño
Modalidade: presencial
Horario: de 09:30 a 14:30 h
Lugar: Viveiro de empresas, Noal, 26, Porto do Son (A Coruña)
Para máis información: jose.pazo@portodoson.gal / 981 86 74 12 (ext:1302)
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Contabilidade nivel PRO
Esta formación contable ten como obxecto mostrar, desde o punto de vista práctico, que é e para que serve a contabilidade nunha cooperativa; coñecer como é o proceso contable para a toma de decisións; e capacitar as persoas emprendedoras no uso de ferramentas contables e na interpretación dos estados financeiros.
Data: do 7 ao 23 de xuño
Modalidade: en liña a través desta plataforma de teleformación
Horario: con catro sesións virtuais os días 7,13,17 e 23 de xuño de 11:00 a 12:30 h
Inscrición: a través deste formulario.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Talleres Desing Thinking
Dentro do concurso Crea Economía Social organízase unha serie de talleres para conseguir abordar as ideas de forma creativa.
O 7 de xuño impartiranse os dous primeiros talleres sobre DT para solucionar problemas identificados e DT para o deseño de produtos e servizos adaptados a unha realidade social e económica.
O día 13 de xuño tratarase nun primeiro taller o DT para o deseño de procesos de compra e venda e mostraranse casos de éxito no último taller.
Data: 7 e 13 de xuño
Horario: de 16:30 a 19:00 h
Modalidade: en liña
Inscrición: a través desta ligazón ata o 6 de xuño ás 14:00 horas.
Para máis información: contacta@creaeconomiasocial.com
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|