|
Boletín Rede Eusumo Nº 169 26/ 05 / 2022
|
|
|
|
|
|
Relación de galardoados nos Premios á Cooperación 2022
Estes premios teñen como obxectivo recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando coa súa aposta pola igualdade, a proximidade e a xeración de emprego na comunidade autónoma de Galicia.
Este ano o Premio aos valores cooperativos foi para a Cooperativa Aventeira de Fene. No caso do Premio ao mellor proxecto cooperativo novo o galardón recaeu na Cooperativa 13 Grados de Vigo. E, por último, o Premio á traxectoria cooperativa foi para a Cooperativa agraria Agroflor con sede en Narón.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro do sector da cultura: Itinerario de intercooperación
Espazocoop pon en marcha este encontro co obxecto de impulsar os procesos de intercooperación entre cooperativas do sector cultural; afondar en temáticas de interese para elas e analizar e detectar as necesidades compartidas que poidan ter.
Data: 31 de maio
Modalidade: en liña
Horario: de 09:30 a 11:30 h
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo encontro Cegasal
Cegasal, dentro do seu programa Tecendo redes desde a economía social organiza este encontro que ten por temática a transparencia.
Avaliaranse os riscos legais nos CEEI; fomentarase a cultura da transparencia e as boas prácticas na xestións das subvencións e trataranse os estándares GRI co obxectivo de informar publicamente dos impactos económicos, ambientais e sociais dunha organización.
Data: 31 de maio
Modalidade: en liña a través de Teams
Horario: de 09:30 a 11:00 h
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
3ª edición da Mostra: Préndete da economía social
Esta actividade aglutina tres accións diferenciadas; por un lado, catro charlas sectoriais e talleres para promover o emprendemento en sectores emerxentes; showrooms e catas sectoriais en economía social destinados a que catro empresas poidan mostrar en que consisten os seus proxectos e recibir o feedback do público asistente; e por último, a participación de catro empresas de economía social catalogadas como boas prácticas que tamén poderán mostrar os seus produtos ou servizos.
Data: 9 de xuño
Horario: as distintas actuacións realizaranse en horario de 11:30 a 19:00 h
Modalidade: en liña
Inscrición: para asistir como público debes inscribirte a través desta ligazón ata o 6 de xuño ás 23:59 horas.
Para máis información: usceconomiasocial.gal / info@usceconomiasocial.gal / 687 333 709
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|