|
Boletín Rede Eusumo Nº 168 19/ 05 / 2022
|
|
|
|
|
|
Segue aberta a convocatoria de axudas ás empresas de inserción laboral ata o 30 de setembro
Co obxectivo de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social, estas axudas cobren os seus custos salariais como persoas traballadoras, así como outros custos adicionais do seu emprego nestas empresas de inserción.
Para máis información, consulta na web de Eusumo o folleto resumo da axuda.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Foro de financiamento 2022
Nova edición do foro de financiamento organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co obxectivo de que 10 proxectos de economía social presenten as súas ideas ante representantes de entidades de investimento e inversión coa finalidade de coñecerse e valorar a conveniencia de outorgarlles financiamento.
Se es una entidade de economía social e queres que se coñeza o teu proxecto e conseguir financiamento, non dubides en pedir máis información sobre o evento e inscribirte para participar!
Data: 17 de xuño
Modalidade: en liña
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Inscrición: a través desta ligazón ata o 2 de xuño ás 23:59 h.
Para máis información: proxectoeusumo.usc@gmail.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Intercooperación como estratexia de fortalecemento, crecemento e consolidación
O obxectivo desta formación é coñecer que estratexias e ferramentas son necesarias para desenvolver procesos exitosos de intercooperación e coñecer boas prácticas de procesos de intercooperación entre cooperativas que potencien o intercambio de experiencias, o coñecemento mutuo e o establecemento de alianzas.
Datas: do 23 de maior ao 30 de xuño
Modalidade: en liña con sesións virtuais os días 25 de maio e 1,8,15,22 e 29 de xuño de 10:00 a 13:00 h.
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Mellora o teu proxecto apostando por unha economía máis social e sostible
A Confederación Empresarial de Ourense organiza unha serie de actividades formativas de carácter innovador en formato de desafío. Nesta ocasión a formación tratará a transformación dixital e consistirá en analizar as aplicacións e as principais características da configuración dixital dun proxecto; identificar se existen programas, aplicacións web ou configuracións que poidan adaptarse mellor á actualidade do proxecto e tamén empregar ou planificar as melloras detectadas
Para máis información sobre esta formación dentro do Laboratorio de Proxectos Sostibles, podes consultar este documento descritivo.
Datas: do 23 ao 29 de maio
Modalidade: en liña
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|