LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 167  12/ 05 / 2022
 
   

Segue aberta a convocatoria das axudas Aprol 2022 ata o 30 de setembro

Aínda estás a tempo de presentar a túa solicitude para a concesión de subvencións destinadas ao fomento do emprendemento en cooperativas e sociedades laborais.

Consulta na web de Eusumo toda a información así como o folleto resumo da axuda.

       
 
   
   

Contabilidade cooperativa

Esta formación ten como público obxectivo as persoas que teñen un proxecto de emprendemento cooperativo ou que o están poñendo en marcha e queren adquirir uns poucos coñecementos sobre xestión contable. Entender para que serve a contabilidade, coñecer o proceso contable e a súa relación co resto de ámbitos da empresa, saber interpretar os principais estados financeiros e coñecer as ferramentas e recursos de apoio na xestión contable existentes son alguns dos temas que se tratarán.

Datas: do 16 ao 31 de maio
Modalidade: en liña
Horas: 20 h
Inscrición: a través desta ligazón

Ver máis

       
   

Como presentar e xestionar subvencións de forma áxil

A Fundación Roberto Rivas organiza esta masterclass co obxecto de que as persoas interesadas coñezan como é o proceso de xestionar e xustificar unha subvención, as posibilidades que ofrecen os novos fondos europeos e como é tamén o proceso de solicitude, reintegro e control. Toda esta información da man das relatoras integrantes da cooperativa de traballo asociado Medatlantia, que presta servizo de consultoría en xestión integral de proxectos para entidades de economía social.

Data: 19 de maio
Horario: de 16:00 a 19:00 h
Modalidade: en liña
Inscrición: ata o 19 de maio a través desta ligazón

Ver máis

       
   

Como fago para que a miña entidade saia nos medios de comunicación?

O obxecto desta formación en liña é afondar no mundo da comunicación nas empresas para saber como xestionala de cara á opinión pública e tamén de maneira interna, así como mellorar as formas nas que comunicamos os nosos avances pero tamén os nosos erros en momentos de crise.

Datas: do 20 de maio ao 10 de xuño
Modalidade: en liña
Horas: 20 h (1 h de sesión webinar e 19 h en liña)
Inscrición: ata o 19 de maio a través desta ligazón

Ver máis

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela