|
Boletín Rede Eusumo Nº 165 28/ 04 / 2022
|
|
|
|
|
|
Adhesión á Rede Eusumo
Para coñecer o proceso que hai que seguir para ser unha entidade adherida á Rede Eusumo podes consultar esta infografía.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CREA ECONOMÍA SOCIAL
Esta 2ª edición do concurso de ideas organizado pola Universidade de Vigo e Aje Pontevedra creouse co obxecto de premiar as mellores ideas de negocio baseadas en principios de economía social do estudantado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos do campus de Pontevedra.
As modalidades do concurso son catro, nas que se premiarán as mellores ideas de negocio en artes, comunicación e creatividade; en educación, innovación social e xestión pública; en deporte, saúde e benestar; e en medio ambiente e natureza.
Participación: cubrir o formulario de candidatura presente en www.creaeconomia.com e envialo a contacta@creaeconomiasocial.com ou enviar un vídeo dun minuto explicando a túa idea de negocio, o produto ou servizo que comercializas e a necesidade que cobre.
Data límite para presentar candidatura: 21 de xuño de 2022
Para máis información: www.creaeconomiasocial.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova formación: Como crear e xestionar un proxecto de economía social
Se queres abordar con éxito o teu proxecto empresarial consolidándoo a través da economía social ou estás interesado en emprender baixo algunhas das súas fórmulas xurídicas, interésache este curso!
Falarase sobre esta nova economía con valores; explicarase que é a economía social e abordaranse en detalle dúas fórmulas de economía social, as cooperativas e as sociedades laborais. Así mesmo, trataranse de xeito resumido outras fórmulas.
Mañá, 29 de abril é o último día para inscribirse!
Datas: do 2 ao 23 de maio
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova formación: O marketing dixital
A través desta formación poderás achegarte aos fundamentos do marketing dixital, cos que poderás aprender a definir a túa estratexia e presenza dixital a través das redes sociais e a optimización da túa web. Descubre tamén ferramentas e exemplos prácticos que farán máis doada a túa inmersión nesta área do marketing dixital.
O prazo para inscribirse finaliza o 4 de maio!
Datas: do 5 ao 26 de maio
Modalidade: en liña
Duración: 20 h
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro sobre seguridade e saúde nos CEEIS
Cegasal organiza un novo encontro dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social" para abordar a temática de prevención de riscos laborais nos centros especiais de emprego de iniciativa social. Este encontro estará centrado na súa normativa, contexto e actualización.
Data: 29 de abril
Horario: de 09:30 a 11:00 h
Inscrición: a través desta ligazón
Para máis información: info@cegasal.com
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|