|
Boletín Rede Eusumo Nº 163 13/ 04 / 2022
|
|
|
|
|
|
Últimos días para presentarse aos premios á cooperación 2022!
Estes galardóns premian a entidade cos mellores valores cooperativos; a entidade co mellor proxecto cooperativo novo; e a entidade que presente unha mellor traxectoria cooperativa.
Cada un dos galardóns está dotado con 5.000 euros e o seu obxectivo é recompensar publicamente o labor destas entidades a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.
Para coñecer máis información e visualizar o cartel, preme nesta ligazón.
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimos días para presentarse ao certame cooperativismo no ensino 2022!
Este certame está dirixido ao alumnado de centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, co obxectivo de que participen con actividades artísticas, actividades cooperativizadas ou con proxectos empresariais cooperativos, segundo a modalidade que lle corresponda e co fin último de seguir fomentando o cooperativismo nos centros educativos de Galicia.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.
Para coñecer máis información e visualizar o cartel, preme nesta ligazón.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Principios básicos de ciberseguridade para entidades de economía social, pemes e autónomos
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza este taller en liña co obxectivo de que o alumnado coñeza os principais riscos en materia de ataques informáticos, aprenda boas prácticas para poder evitalos e coñeza as ferramentas de detección e defensa existentes.
Datas: do 26 ao 29 de abril
Modalidade: formación en liña
Horario: de 10:00 a 13:30 h, excepto o último día que é de 10:00 a 13:00 h
Duración: 10 h
Inscricións: a través deste formulario.
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|