|
Boletín Rede Eusumo Nº 161 31/ 03 / 2022
|
|
|
|
|
|
Participamos na xornada de promoción da economía social no sector mariño
Onte, 30 de marzo, tivo lugar a xornada organizada por Fundamar no marco do proxecto Pasos para a promoción da economía social no sector mariño.
Nesta xornada interviñeron Susana Touza Figueiras, subdirectora xeral de Economía Social; Belén Rubio Armesto, vicerreitora de Investigaciñon da Universidade de Vigo e Javier Touza, presidente de Fundamar, ademais de distintos participantes que explicaron en que consiste o proxecto Pasos e varios exemplos de persoas que emprenderon iniciativas de cooperación no marco da investigación e a innovación responsable.
O obxecto desta sesión é a promoción da economía social no ámbito pesqueiro a través de novas iniciativas que poñan en valor o territorio como base da innovación social, económica e ambiental.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mellora a preparación e o funcionamento das asembleas e reunións
O traballo en equipo e a adopción de acordos son fundamentais para o bo funcionamento dunha empresa na que as persoas son o primeiro. Se tes interese en incorporar melloras no desenvolvemento das asembleas e as reunións na túa entidade de economía social, inscríbete e aprende como facelo.
Datas: do 4 de abril ao 5 de maio
Modalidade: formación en liña
Horario: 3 sesións virtuais de aprendizaxe o 5 e o 19 de abril e o 3 de maio en horario de 17:00 a 19:00 horas
Inscricións: a través deste formulario.
Máis información en: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Achegándonos ao conflito
Esta formación está dirixida ás persoas que están interesadas en coñecer e experimentar os procesos de conflito que xorden especialmente nos contextos de traballo en equipo ou cooperativo co fin de coñecer as distintas fontes das que procede, así como comprender os diferentes estilos de afrontamento do conflito e tamén achegarse aos distintos xeitos construtivos de xestionar este tipo de situacións.
Datas: do 5 ao 8 de abril
Horario: de 9:30 a 14:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: no salón de plenos do Concello de Sada, avenida do Porto, 24, Sada, A Coruña
Inscricións: a través desta ligazón
Para máis información: aedl@sada.gal / 620 765 150
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
E se traballamos en equipo?
Coñece como se traballa nunha cooperativa, as habilidades de comunicación e de xestión social necesarias para desempeñar as tarefas diarias en grupo, así como o procedemento de toma de decisións que afectan á entidade.
Datas: do 5 ao 8 de abril
Horario: de 9:30 a 14:30 h
Modalidade: presencial
Lugar: no viveiro de empresas, Noal, 26, Porto do Son, A Coruña
Inscricións: a través do 981 867 412 (ext: 1302) ou jose.pazo@portodoson.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Oportunidades para un futuro sostible. Emprender en economía social
Acción contra el Hambre organiza esta xornada de intercambio de experiencias de economía social, onde participarán responsables da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo e a Confederación Española de Empresas de Economía Social, así como distintos representantes das comunidades autónomas de Andalucía, Estremadura e Galicia, ademais dalgunhas persoas emprendedoras que deron o paso para crear negocios de economía social e son historias de éxito.
Data: 7 de abril
Horario: de 10:00 a 11:30 h
Modalidade: en liña a través de Teams
Inscricións: a través deste formulario.
Para máis información: www.accioncontraelhambre.org/es/vivesemprendecolectivo / 648 102 178
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|