|
Boletín Rede Eusumo Nº 159 17/ 03 / 2022
|
|
|
|
|
|
Plan Galicia Emprega - Programa Emprego con apoio
O obxecto deste programa é favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social e promover a súa incorporación en empresas con sede en Galicia mediante a implementación de accións de emprego con apoio. A axuda cobre os custos laborais de contratación nas entidades de persoal que leve a cabo este tipo de accións de acompañamento.
Os destinatarios deste programa son as asociacións, as fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, os centros especiais de emprego, as empresas de inserción laboral e as demais empresas do mercado ordinario de traballo incluído o persoal traballador autónomo.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.
Se queres visualizar unha infografía resumo sobre esta axuda, preme nesta ligazón.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro Cegasal: Innovación social
Esta formación será impartida por Pilar Casals, consultora de RSE, xestión do talento e innovación social en intheMOVE e que leva formándose desde 2015 en diversas prácticas e metodoloxías para o acompañamento de persoas, grupos e organizacións co obxectivo de identificar as súas necesidades e acadar as metas de maneira participativa, dinámica e inclusiva.
Por esta razón, neste encontro falará sobre que é a innovación social, cales son as claves para aplicar a innovación social en centros especiais de emprego de iniciativa social e exporá algúns exemplos.
Data: 21 de marzo
Horario: de 09:30 a 11:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: a través deste formulario.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
E se traballamos en equipo?
Este obradoiro ten como obxectivo abordar o xeito de traballar nunha cooperativa desenvolvendo certas habilidades persoais e sociais de traballo colaborativo, de comunicación, e para o traballo en equipo e a toma de decisións.
Datas: do 22 ao 25 de marzo de 2022
Horario: de 09:30 a 14:30 h
Modalidade: presencial
Duración: 20 h
Lugar: no salón de plenos do Concello de Sada, avenida do Porto, 24, Sada (A Coruña)
Inscricións: a través deste formulario.
Ver máis
|
|
|
|
Transformación dixital: unha proposta práctica para o acceso a fondos de financiamento
Esta formación, que está dentro do Programa de formación xerencial especializada, ten por obxecto atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación do persoal de dirección e xerencia, así como mostrarlles as oportunidades que implica a transformación dixital, analizando cales poden ser do seu interese por resultar aplicables á realidade de cada cooperativa participante. Con este fin, divulgaranse tamén as boas prácticas e as ferramentas que permiten exemplificar as dimensións da transformación dixital.
Datas: do 23 de marzo ao 7 de abril de 2022
Horario: de 12:00 a 13:30 h
Modalidade: formación en liña
Duración: 20 h
Inscricións: a través deste formulario.
Máis información en: patane@espazo.coop / www.espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Vendas e habilidades de comunicación co cliente
A formación no eido das vendas e no uso da tecnoloxía e das redes sociais son habilidades fundamentais que se abordarán nesta formación, xa que o cliente é quen ten o poder na decisión final de venda e calquera factor que interveña nela pode facer que opte por tomar unha ou outra decisión.
Por este motivo, é preciso ter claro que é o cliente quen está no centro da venda e que se debe ter unha comunicación eficaz con el a través dunha serie de técnicas concretas. Tamén cómpre ter claro que existen varios factores decisivos que interveñen na súa decisión e, por este motivo, ensinarase como abordar unha venda de maneira eficaz.
Datas: do 24 e 31 de marzo e 7 de abril
Horario: de 09:00 a 14:00 h
Duración: 15 h
Modalidade: presencial
Lugar: cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de Empresas, rúa da República Checa 40, Polígono de Costa Vella, Santiago de Compostela
Inscricións: a través deste formulario.
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|
|
|
|
|
|
|
|