|
Boletín Rede Eusumo Nº 158 10/ 03 / 2022
|
|
|
|
|
|
Acto de celebración do 10º aniversario da Lei de economía social española
O 17 de marzo ás 09:30 horas terá lugar en Madrid un acto, organizado por CEPES coa colaboración do Ministerio de Traballo e Economía Social, co obxecto de poñer en valor e darlles visibilidade aos avances e o impacto socioeconómico das empresas de economía social española tras a aprobación da Lei 5/2011 de economía social. Ademais, farase un recoñecemento público a distintas personalidades políticas a nivel autonómico, estatal e internacional impulsoras deste modelo empresarial durante estes anos.
Para asistir ao evento tanto presencial como en liña, debes inscribirte a través desta ligazón.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo taller de creación dunha tenda en liña con Wordpress e Woocommerce
Nesta formación organizada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela porase en valor a relevancia do ecommerce para as entidades de economía social; explicarase que é WooCommerce e como se integra na plataforma Wordpress dunha web para crear unha tenda en liña completa; a diferenza entre WooCommerce e outras plataformas de comercio electrónico e as súas vantaxes e inconvenientes no seu uso, entre outros aspectos.
Datas: do 14 ao 18 de marzo de 2022
Horario: de 10:00 a 14:00 h
Duración: 20 h (5 sesións de 4 h cada unha)
Modalidade: en liña
Inscricións: a través deste formulario.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Lánzate a emprender en cooperativa
Nova edición desta formación en emprendemento cooperativo que ten como obxectivo achegarlles á cidadanía, e en especial ás persoas desempregadas, esta fórmula de autoemprego, mostrando desde un punto de vista práctico as condicións necesarias para emprender. Contribuiranse así a que as persoas participantes coñezan en profundidade as cooperativas e cales son as súas achegas sociais e económicas. Por último, terán a oportunidade de coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.
Datas: do 22 ao 25 de marzo de 2022
Horario: de 09:00 a 14:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, rúa do Conde de Torrecedeira, 105, Vigo (Pontevedra)
Duración: 20 h
Inscricións: a través deste formulario.
Máis información en: patane@espazo.coop / www.espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|