|
Boletín Rede Eusumo Nº 156 24/ 02 / 2022
|
|
|
|
|
|
Santiago de Compostela será a cidade que substitúe a Teruel como nova capital da Economía Social
A ministra de Traballo e Economía Social anunciou durante o acto de constitución do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social, celebrado o pasado venres 18 de febreiro, que será Santiago de Compostela a cidade elixida como nova capital da Economía Social para este ano 2022, e puxo en valor o feito de que grazas a que este ano é xacobeo se visibilazará en maior medida a economía social española.
|
|
|
|
|
|
|
|
Vídeos dispoñibles sobre o acto de visibilización do cooperativismo galego
O acto conxunto, que se celebrou o pasado 4 de novembro de 2021 e no que participaron Agaca, Espazoccop, outros representantes do sector e representantes de institucións gobernamentais galegas e europeas, tivo como obxecto principal poñer de manifesto o seu apoio á economía cooperativa. Así mesmo, serviu tamén para facer pública unha declaración das entidades Agaca e Espazocooop denominada Declaración de Santiago de Compostela "As cooperativas, motor dunha recuperación máis social, sustentable e participativa", na que destacan o valor deste modelo empresarial na comunidade e lle solicitan á Administración unha serie de demandas que se fan desde o sector cooperativo.
Se queres coñecer o contido de toda a declaración e cales son as súas necesidades, podes premer nesta ligazón.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova edición do obradoiro: Apoderamento de mulleres socias de cooperativas
Neste obradoiro impartido por Emma Blanco, psicóloga clínica, trataranse conceptos básicos sobre a intelixencia emocional; o estrés, as súas consecuencias e a súa posible prevención; e o concepto de psicoloxía positiva e o seu papel na saúde mental. Por último, levarase a cabo un obradoiro práctico de risoterapia.
Datas e horario:
- 4, 11 e 18 de marzo de 16:00 a 20:00 h
- 25 de marzo de 16:00 a 19:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: nas instalacións da Adega Condes de Albarei, Lugar A Bouza, 1, Castrelo-Cambados (Pontevedra)
Máis información en: agaca@agaca.coop / www.agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|
|
|
|
|
|
|
|