|
Boletín Rede Eusumo Nº 153 03/ 02 / 2022
|
|
|
|
|
|
6º edición do programa Medrando Xuntas
Como cada ano, e co obxectivo de fomentar o talento feminino nas entidades de economía social, ponse en marcha o programa Medrando Xuntas con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras.
Se estás interesada nesta formación especializada en xestión de organizacións e habilidades sociais, debes inscribirte a través destes formularios diferenciados: directivas e socias/traballadoras.
O prazo para inscribirse finaliza o 21 de febreiro de 2022.
Para máis información: medrandoxuntas.emprego@xunta.gal
|
|
|
|
|
|
|
|
Certame Cooperativismo no ensino 2022
O obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado de distintos centros educativos de Galicia a través da realización de diferentes actividades:
Están previstas tres modalidades de participación:
1. Actividades artísticas: para o alumnado de educación infantil e primaria.
2. Actividades cooperativizadas: para o alumnado de educación secundaria obrigatoria.
3. Proxectos empresariais cooperativos: para o alumando de formación profesional e de ensinanzas en réxime especial.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 29 de abril de 2022.
Preme aquí para consultar a orde e aquí para visualizar o cartel do certame.
|
|
|
|
|
|
|
|
Convocatoria 2022 das axudas ás EIL
Publicadas no DOG as axudas ás empresas de inserción laboral e as súas entidades promotoras para impulsar a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social, mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción, que teñan centros de traballo en Galicia.
Dous programas de axudas:
- Programa I: axuda ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou exclusión social.
- Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou exclusión social.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2022.
Para consultar a orde, preme aquí.
Se queres ver en detalle o folleto informativo sobre a axuda, preme aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova edición do obradoiro de gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais
Nesta formación, impulsarase o emprendemento de iniciativas innovadoras no medio rural co fin de revalorizar os montes veciñais en man común. Tamén se falará sobre a gobernanza e a organización cooperativa e a fiscalidade das comunidades de montes, así como os instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
Datas: do 21 ao 25 de febreiro
Lugar: na casa do mercado, avda. Marqués de Valterra nº. 103, Lourizán (Pontevedra)
Horario: de 16:00 a 19:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Máis información en: agaca@agaca.coop / www.agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|