LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 150  13/ 01 / 2022
 
    Descubre a nosa sección de documentación

Achégate e atoparás información sobre a economía social e o mundo do cooperativismo, a través de distintas seccións como a de preguntas e respostas; as infografías; os informes de resultados; os manuais e folletos; os vídeos e demais documentos relacionados coa economía social.
       
   

A repartición dos fondos europeos Next Generation deixa patente o liderado de Galicia na pesca, a acuicultura e o sector conserveiro

Son galegas cinco das oito beneficiarias do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, convocado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Anfaco, Arvi, Orpagu, Opromar e Cetga lideran catorce dos dezaseis proxectos aprobados e logran o 86% dos fondos nacionais.

É relevante destacar que a Cooperativa Viguesa de Armadores (Arvi) lidera cinco proxectos valorados en 2,27 millóns de euros e que consisten nunha aplicación de tecnoloxía intelixente para fomentar o emprego na pesca; nun proxecto de mellora da eficiencia enerxética dos pesqueiros; unha plataforma blockchain para mellorar a rastrexabilidade da cadea de valor dos produtos do mar; outro proxecto que ten como fin sacar partido ao que non se aproveita do peixe; e un sistema sostible para eliminar vísceras do peixe e combater o anisakis.

Ver máis

   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela