|
|
|
Despedimos este ano facendo o noso habitual balance.
Desde a Rede Eusumo facemos a nosa particular clasificación do máis destacado desde 2021 no eido da Economía Social:
O top 3 é para...
Un ano máis, a Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social puxo en marcha a 5º edición do programa formativo Medrando Xuntas, para fomentar o talento feminino nas entidades de economía social.
Este programa tamén forma parte das medidas da Estratexia Galega de Economía Social, que prevé como unha das súas accións a promoción do emprendemento feminino.
O top 2 é para...
O Parlamento de Galicia aprobou agora en decembro por unanimidade a Declaración institucional de apoio á economía social galega, trasladando desta maneira o seu apoio á economía social de Galicia e sinalando que é un actor fundamental na sociedade actual, xa que aporta formas organizativas que introducen un conxunto de principios, valores e obxectivos comúns a favor dun modelo económico inclusivo.
E o top 1 é para...
A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social lanzou no pasado mes de maio o Catálogo de entidades e empresas de economía social de Galicia, que ten como obxectivo presentar unha imaxe real e pormenorizada da tipoloxía de entidades existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, recollendo información relevantes sobre todas as entidades que forman parte da economía social de Galicia, o que axuda a dar visibilidade á economía social e a súa aportación á sociedade galega.
E despois desta clasificación, despedimos o ano esperando que a saúde vos acompañe un ano máis e que vos recarguedes de ilusión e esperanza, porque no 2022 voltaremos con máis formación, máis actividades, máis proxectos e sobre todo, con máis economía social.
Feliz Aninovo!
|