|
|
|
A economía social de Galicia estará presente cunha caseta no Culturgal 2021
A XIV Edición da Feira das Industrias Culturais celebrarase esta fin de semana, do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Como cada ano, a eonomía social de Galicia estará presente nesta edición, que ten como lema "A cultura que toca", coa programación de distintos encontros, presentacións, exposicións etc. de distintas entidades de economía social galegas que queren presentar os seus espectáculos, produtos ou servizos e fomentar o contacto entre a acción cultural e o público asistente.
Ver máis
|
|
|
|
Novo encontro sobre os instrumentos de utilidade e viabilidade dos CEEI no trato coa administración
Este encontro, organizado por Cegasal dentro do seu programa "Tecendo redes desde a economía social", ten como destinatarios principais os axentes de economía social. Nel farase un percorrido pola lexislación do procedemento administrativo común das administracións públicas ademais do réxime xurídico do sector público. Así mesmo, destacarase o sistema de recursos administrativos e o control realizado polos xuíces e os tribunais de carácter preventivo a través do procedemento administrativo.
Data: 30 de novembro
Horario: de 10:00 a 11:30 h
Modalidade: en liña
Inscricións: a través desta ligazón
Para máis información: info@cegasal.com
Ver máis
|