|
|
|
Novo programa Re-acciona Covid-19
Este programa ten como finalidade axudar ás empresas galegas a adaptarse ao novo contexto económico provocado pola pandemia, a través de cinco novos servizos modulares de asesoramento especializado por entidades expertas en cada unha destas temáticas:
Cales son os requisitos que debes cumprir?
- Ser unha peme de calquera forma xurídica con, polo menos, 3 traballadores (incluidos os socios traballadores).
- Ter, polo menos, un centro de traballo en Galicia.
- Ter un descenso de, como mínimo, un 10% de facturación no exercicio 2020 respecto do 2019.
Estes asesoramentos teñen unha duración de seis meses e están valorados en 10 000 euros, importe subvencionado nun 94 %. O custo para os beneficiarios do programa é de 600 euros.
Prazo de inscrición aberto ata o 15 de novembro.
*As persoas interesadas deberán contactar coa entidade colaboradora coa que queren traballar para que xestionen a solicitude do servizo.
Ver máis
|