|
Boletín Rede Eusumo Nº 139 21/ 10 / 2021
|
|
|
|
|
|
Que entidades están asociadas á Rede Eusumo?
No apartado "Socios da rede" verás en detalle a listaxe de todas as entidades que forman a Rede Eusumo clasificadas nas seguintes categorías: administracións públicas, asociacións de economía social, asociacións e fundacións, cámaras e organizacións de empresa, entidades de economía social, GDR-GAL e universidades. Únete!
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Consigue financiamento para a túa entidade de economía social
Neste formación impartida por Manuel Besteiro Expósito, licenciado en empresariais e dereito e socio de Asbe Asesores e Abogados, trataranse cuestións como as posibles fontes de financiamento tanto externas como internas, as procedentes de Europa e as nacionais. ademais de introducir outros tipos de financiamento alternativos como o crowfunding e os business angels.
Datas: 25, 26 e 27 de outubro
Horario: de 16:00 a 20:00 h
Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom
Inscrición: a través desta ligazón.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Mostra da Economía Social
Se estás interesado en acudir como público a esta mostra de economía social, só tes que inscribirte e participar en calquera das actividades que están previstas: experiencias de economía social, tendencias sectoriais e de xestión e oportunidades de negocio existentes ou showrooms virtuais.
Para coñecer o programa completo coas distintas entidades que participarán en cada unha das actividades só tes que premer nesta ligazón.
Data: 27 de outubro
Horario: as distintas actuacións realizaranse en horario de 11:30 a 19:00 h de forma paralela.
Modalidade: en liña
Inscrición: para asistir como público debes inscribirte a través desta ligazón antes do 26 de outubro ás 17:00 horas.
Para máis información: usceconomiasocial.gal / info@usceconomiasocial.gal / 687 333 709
Ver máis
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|