|
Boletín Rede Eusumo Nº 137 30/ 09 / 2021
|
|
|
|
|
|
Finaliza o prazo para solicitar as axudas "Consolida" e "Transforma"
Hoxe, 30 de setembro, finaliza o prazo para a presentación das solicitudes das axudas "Consolida" e "Transforma", destinadas a mellorar a competitividade das empresas de economía social ou impulsar a recuperación dos negocios en crise ou sen relevo xeracional.
Premendo aquí podes consultar o folleto da axuda "Consolida" e aquí o de "Transforma".
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Novo encontro Cegasal
Neste encontro se falará sobre os riscos psicosociais no traballo, con especial referencia á pandemia e postpandemia.
Intervirán Adela Quinzá-Torroja, xerente do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e María Jesús Copa Arias, xefa de sección de ergonomía e psicosocioloxía aplicada. Técnica superior en Prevención de Riscos Laborais e secretaria da Comisión de investigación da igualdade en políticas de PRL de Galicia.
Data: 5 de outubro
Horario: de 09:30 a 11:00 h
Modalidade: en liña
Inscrición: a través desta ligazón.
Para máis información: info@cegasal.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Obradoiro: Comunicación, redes sociais e risoterapia
Neste obradoiro presentarase a Asociación Nós As Mulleres. Falarase tamén sobre comunicación e manexo básico das redes sociais, e levarase a cabo unha actividade de automotivación a través da risoterapia.
Datas: 6,13,20 e 27 de outubro
Horario: de 10:00 a 14:00 h
Modalidade: en liña
Inscrición: a través desta ligazón.
Para máis información: www.agaca.coop / 981 584 783 / agaca@agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|