LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 136  24 / 09 / 2021
 
   

Queres integrarte nada Rede Eusumo e non sabes como?

Achégate ao apartado "Rede Eusumo" da nosa web e atoparás información sobre as pautas que debes seguir para formar parte da Rede, ademais da documentación que precisas presentar.

Ver máis

   
   

Concurso de ideas Economía Social

Se tes un proxecto de empresa de economía social para a súa implantación en Galicia, a Universidade de Vigo organiza un concurso de ideas, co obxectivo de identificar iniciativas de emprendemento innovadoras; dar visibilidade entre o alumnado do campus das iniciativas de emprendemento actuais; fomentar o espírito emprendedor a través da creatividade das persoas participantes e difundir a cultura emprendedora, o talento, a innovación, a difusión do coñecemento e a transferencia de información.

Non o deixes pasar, tes ata o 13 de outubro para presentarte!

Máis información en: www.creaeconomíasocial.com / contacta@creaeconomiasocial.com / 687 333 709
 

Ver máis

       
   


Evento Mostra do Posible 2021

Esta quinta edición terá lugar na Alameda Nova de Cangas do Morrazo os días 25 e 26 de setembro, co obxectivo de que entidades de economía social solidaria e diferentes movementos sociais se dean cita e mostren que existen alternativas ecolóxicas, democráticas e xustas para todos os ámbitos da nosa vida, e que se pode mudar a sociedade se cambiamos o noso modelo de consumo.

Se queres coñecer máis sobre estas entidades e as actividades que se van levar a cabo, preme nesta ligazón.

Ver máis

       
   


Claves sobre marketing dixital para persoas emprendedoras

Esta quita masterclass organizada pola Fundación Roberto Rivas e impartida por Verónica Mouriño, consultora en comunicación e marketing dixital especializada en negocios dixitais, ten como obxectivo mostrarlles ás persoas que estean desenvolvendo un proxecto de emprendemento as claves principais do marketing dixital e que lles axudarán á hora de deseñar unha estratexia dentro do seu plan de comunicación. 

Data: 28 de setembro
Hora: 18 horas
Modalidade: en liña a través de Zoom
Para máis información: http://www.fundacionrobertorivas.org

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela