LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 135  16 / 09 / 2021
 
   

Pont-Up Store 2021

Os días 24 e 25 de setembro na praza de España de Pontevedra terá lugar o evento Pont-Up Store, onde se darán cita coas súas casetas as mellores iniciativas de emprendemento e, ademais, o público asistente poderá participar nas actividades de dinamización previstas.

Para coñecer todas as actividades, podes consultar o programa completo premendo aquí.
A maiores, coñece os emprendedores seleccionados que presentarán os seus proxectos a través desta ligazón.

Ver máis

   
   


A economía social e a modernización do sector agroalimentario

Agaca organiza a segunda edición desta formación en liña sobre certificacións de calidade e medioambientais.
O seu obxectivo é amosar desde a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión destas certificacións, contribuíndo así ao fortalecemento das cooperativas e da economía social a través de estratexias que redundan na calidade.

Datas: do 20 de setembro ao 28 de outubro
Modalidade: en liña
Duración: 70 horas
Inscrición: a través deste formulario
Máis información en: agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Ver máis

       
   


Formación en economía social da USC

A USC dentro do seu programa "Súmate á cultura emprendedora en economía social" organiza esta formación en liña para dar acceso ás persoas interesadas a contidos relacionados coa economía social, como que é e cales son os tipos de entidades nas que se divide; que pasos debes coñecer para poder constituír unha empresa de economía social e as diferentes tarefas que deberás levar a cabo; cales son as axuda vixentes para que poidas impulsar o teu proxecto de economía social e por tanto a túa competitividade; e por último, unha recompilación de boas prácticas en distintas entidades en materia de economía social.

Datas: do 21 de setembro ao 14 de outubro
Duración: 15 horas
Modalidade: en liña
Inscrición: a través deste formulario
Para máis información: proxectoeusumo.usc@gmail.com

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela