|
Boletín Rede Eusumo Nº 130 12 / 08 / 2021
|
|
|
|
|
|
Informe de actividade da economía social de Galicia do 1º semestre de 2021
Neste informe terás acceso a datos de interese referentes á economía social galega, á Rede Eusumo e ás diferentes axudas publicadas, así como aos cambios destacados durante o 1º semestre de 2021 referidos ao papel das mulleres na economía social, ao programa Medrando Xuntas, ao Día do Cooperativismo e á publicación do Catálogo galego de entidades de economía social. Por último, recóllese un resumo dos resultados acadados en cifras.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Emprendendo en cooperativa
O obxectivo deste obradoiro é achegar o modelo cooperativo ás persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social e que teñan interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.
Aprenderán, desde un punto de vista práctico, as condicións e pasos que hai que dar para emprender baixo a fórmula cooperativa e proporcionaránselles os recursos e apoios existentes.
Datas: os días 6, 7, 8 e 10 de setembro
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Modalidade: presencial (Porto do Son)
Inscrición: a través de jose.pazo@portodoson.gal ou no 981 867 412 (ext.: 1302)
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Nova formación: Organizacións transformadoras
Nesta formación introduciranse conceptos fundamentais da facilitación e xestión grupal, como o poder, o liderado nun grupo e a propia xestión dun conflito, coñecendo primeiro que é o que está detrás do conflito para así saber xestionalo e convertelo nunha oportunidade de aprendizaxe e tamén minimizar as partes complexas que trae consigo.
Datas: do 14 ao 28 de setembro
Horario: os días 14,16 e 22 de setembro haberá sesións virtuais de 10:00 a 13:30 horas
Modalidade: formación en liña
Mais información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|