|
Boletín Rede Eusumo Nº 127 22 / 07/ 2021
|
|
|
|
|
|
Salimat 2021
Os días 3,4 e 5 de setembro terá lugar a 24º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2021, en Silleda.
Este salón é un espazo dirixido a empresas e profesionais do sector da alimentación, onde teñen a ocasión de promocionar os seus produtos ou servizos, contactar con distribuidores e importadores, atoparse con clientes actuais e potenciais e mediante a exposición dos seus produtos ou servizos, reforzar a súa imaxe e notoriedade.
Se queres consultar o folleto con máis información preme aquí.
As entidades que queiran participar deben cubrir este documento e remitilo ao enderezo salimat@feiragalicia.com, xunto co xustificante do abono do pago correspondente á prereserva.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Xantar 2021
Do 3 ao 7 de novembro, na cidade de Ourense, celebrarase a 22º edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar.
É a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial, e tendo unha traxectoria de 21 anos, converteuse nun referente para os destinos enogastronómicos mais punteiros de España e Portugal.
Se queres participar, visualiza este díptico e tamén podes descargar o dossier co programa completo premendo aquí.
Para máis información: www.xantar.org / info@xantar.org / 988 366 030
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Xornada: Contratos reservados a CEE e EIL
O obxectivo desta xornada é ofrecer ao persoal técnico as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación, con cláusulas sociais e reservas de contratos; analizando o escenario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Data: 29 de xullo
Horario: de 10:00 a 12:00 horas
Modalidade: presencial no Salón de actos nº2 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Complexo administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela
Inscrición: a través desta ligazón ou en aeigagalicia@aeiga.org
Máis información: www.aeiga.org / 881 957 452 /698 120 455
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Emprendendo en cooperativas
Neste obradoiro, búscase achegar o modelo cooperativo ás persoas en situación de risco de exclusión social.
Na formación, mostrarase desde un punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa, achegándolles os recursos e medidas de apoio existentes e ensinándolles os recursos e metodoloxías que lles axudan a traballar e mellorar as súas habilidades sociais.
Datas: do 3 ao 6 de agosto
Horario: de 09:30 a 14:30 horas
Modalidade: presencial en Porto do Son
Máis información: jose.pazo@portodoson.gal / 981 867 412
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|
|
|
|
|
|
|
|