|
Boletín Rede Eusumo Nº 125 08 / 07/ 2021
|
|
|
|
|
|
Entrevistamos a Feliciano Valcálcel, xerente de San Xerome Emiliani
Esta asociación nace en 1977 para ofrecerlles un acompañamento total ás persoas con diversidade. Nun inicio comeza cun colexio, logo cun centro ocupacional e de día e despois cun centro especial de emprego e un club de ocio e deportivo. Pero actualmente as necesidades cambiaron e están a impulsar a creación do proxecto Fogares Sanxe e un Coop-housing, no que a través dunha cooperativa se proporciona a emancipación de rapaces con diversidade.
Nesta entrevista, o seu xerente cóntanos como puxeron en marcha todas as súas iniciativas e en que fases se atopan os seus proxectos.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
III Plan de rescate: Programa I para persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva
Esta axuda directa para o apoio á solvencia e redución do endebedamento está destinada para persoas traballadoras por conta propia e profesionais en réxime de estimación obxectiva que teñan o domicilio social en Galicia e que desenvolvan unha actividade económica correspondente a un CNAE do anexo I do Real decreto-lei 5/2021 ou de non ser o caso, que acredite unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado no IVE ou tributo indirecto equivalente dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co 2019.
Subvencionables: os gastos realizados para:
- O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
- O pago da débeda de custos fixos incorridos.
Contía da axuda: un importe máximo de 3000 euros.
Prazo de presentación das solicitudes: finaliza o 14 de xullo.
Para máis información podes consultar a orde premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
III Plan de rescate: Programa II para persoas traballadoras autónomas individuais e autónomos/as ou empresas con ata 10 persoas traballadoras ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros
Esta axuda está destinada a persoas traballadoras por conta propia, profesionais ou empresas que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto do 2019 de máis dun 30 % e que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto-lei 5/2021, ou acrediten unha caída do volume de operacións dun 40 % ou máis, para as que desonvolvan unha actividade económica que non se atope nese anexo.
Subvencionables: os gastos realizados para:
- O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
- O pago da débeda de custos fixos incorridos.
Contía da axuda:
- 6000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 %.
- 7000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%.
- 8000 euros se a caída do volume de operacións é do 70% ou máis.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 14 de xullo.
Para máis información podes consultar a orde premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
III Plan de rescate: Programa III para persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 traballadores/as e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros ou de empresas de máis de 25 traballadores/as
Esta axuda está destinada a persoas traballadoras por conta propia, profesionais ou empresas que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto do 2019 de máis dun 30 % e que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto-lei 5/2021, ou acrediten unha caída do volume de operacións dun 40 % ou máis, para as que desonvolvan unha actividade económica que non se atope nese anexo.
Subvencionables: os gastos realizados para:
- O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
- O pago da débeda de custos fixos incorridos.
Contía da axuda:
- 10000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 %.
- 12000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60% e menos dun 70%.
- 15000 euros se a caída do volume de operacións é do 70% ou máis.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 14 de xullo.
Para máis información podes consultar a orde premendo aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Súmate á cultura emprendedora en economía social con esta formación e asesoramento da USC
A USC lanza un programa de aceleración en liña onde o alumnado universitario, as persoas emprendedoras con proxectos de economía social, as empresas de economía social que aposten por un cambio e outras empresas que queiran transformarse en entidades de economía social, poidan facer o seu programa a medida e inscribirse nas accións que máis lles interesen.
1. Formación:
- Sesión Lean Start Up - Construíndo un modelo de negocio: do 13 de xullo ao 3 de agosto.
- Sesión Consolidación e salto de escala dos proxectos de economía social e mellora das capacidades dos promotores: do 7 ao 28 de setembro.
2. Titorías e asesoramento
Modalidade: en liña
Inscrición: ata o 12 de xullo ás 12 horas a través desta ligazón ou en proxectoeusumo.usc@gmail.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Encontro entre cooperativas: Practica a mellora comercial
Neste encontro de dúas horas de duración, levarase a cabo, en primeiro lugar, a presentación das cooperativas participantes a través da ferramenta Elevator Pitch e, posteriormente o intercambio de información sobre experiencias e boas prácticas en diagnose, planificación e xestión comercial.
Data: 14 de xullo
Horario: de 9:30 a 11:30 h
Modalidade: en liña a través da plataforma Zoom
Máis información: www.espazo.coop / ramon@espazo.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Formación comercial: coopera, comunica e vende
O obxectivo desta formación é atender as necesidades formativas no ámbito comercial das cooperativas, coñecer a situación dos procedementos e sistemas de comercialización, divulgar ferramentas e habilidades de comercialización e potenciar o intercambio de coñecementos.
Datas: do 15 de xullo ao 5 de agosto
Modalidade: en liña
Os días 15 e 29 de xullo celebraranse sesións virtuais de 11:00 a 12:30 horas
Inscrición: a través desta ligazón
Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|