LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 123  24 / 06/ 2021
 
   

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias participa no programa Agrosmartglobal para a internacionalización dixital das empresas do seu sector

Este proxecto europeo ofrece un servizo gratuíto e personalizado de consultoría para axudar ás empresas a conseguir a internacionalización dixital nos mercados de China e Estados Unidos.

O programa ten como destinatarios calquera peme agroalimentaria que o solicite por correo loli@agaca.coop ou no 881 584 783.

Para máis información podes premer aquí.

Ver máis

   
   

Pílula formativa: Comercial

Esta formación ten como destinatarias as cooperativas beneficiarias do programa #Saímoscooperando e tamén as persoas socias e persoal doutras cooperativas, e ten como obxectivo afondar en como poden reactivar as súas cooperativas no ámbito comercial.
Comezarán por definir que aspectos deben ter en conta, que pasos dar e valorar que cousas cambiaron e seguen cambiando na forma na que os consumidores e clientes potenciais tenden a actuar e consumir.

Datas: do 28 de xuño ao 4 de xullo
Modalidade: en liña
Máis información: www.espazo.coop / patane@espazo.coop / 881 887 456

Ver máis

       
   

Encontros entre cooperativas: Comparte necesidades de financiamento

Neste encontro, de dúas horas de duración, avanzarase nos contidos do Programa #SaimosCooperando 2021 e animarase ás cooperativas participantes a socializar e a infomarse sobre as súas necesidades de financiamento alleo para o traballo ordinario. Así mesmo, falarase dos servizos actualizados de entidades como Coop57, Fiare e Goteo. 

Data: 30 de xuño
Horario: de 9:30 a 11:30 h
Modalidade: en liña a través de Zoom
Máis información: www.espazo.coop / 881 887 456

Ver máis

       
   

Formación sobre como innovar. Recursos e estratexias

Nesta formación traballarase na mellora da xestión empresarial para a capacitación da dirección e xerencia das cooperativas participantes, centrándose na innovación da empresa cooperativa e a análise de procesos na proposta de valor, a introdución ao deseño de modelos de negocio (lean startup), as técnicas e metodoloxías de innovación, desing thinkig, boas prácticas e formación creativa.

Datas: do 6 ao 22 de xullo
Modalidade e horario: en liña (celebraranse 5 sesións virtuais de aprendizaxe o 7,8,14,15 e 21 de xullo en horario de 12:00 a 14:00 horas)
Duración: 20 horas
Inscrición: a través desta ligazón
Información: patane@espazo.coop / 881 887 456 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela