|
Boletín Rede Eusumo Nº 122 17 / 06/ 2021
|
|
|
|
|
|
Relación de premiados nos Premios á Cooperación 2021
Estes premios teñen como obxectivo recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na comunidade autónoma galega.
Este ano o Premio aos valores cooperativos foi para a Cooperativa Catro Ventos Editora de Vigo. No caso do Premio ao mellor proxecto cooperativo novo o galardón recaeu na Cooperativa Cenlitrosmetrocadrado de Ames. E, por último, o Premio á traxectoria cooperativa foi para a cooperativa Productores del Campo de Capela da Capela.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Masterclass: Ferramentas para o deseño de servizos de triplo impacto
A Fundación Roberto Rivas organiza esta sesión impartida por Luis Madrid, deseñador estratéxico especializado en innovación social e novos modelos organizacionais.
A través desta formación coñecerás as tres ferramentas que van axudarte no deseño de servizos de triplo impacto no teu negocio, para mellorar a experiencia das persoas e tamén ter en conta o impacto económico e ecolóxico do teu servizo.
Data: 22 de xuño
Horario: de 18:00 a 19:30 horas
Modalidade: en liña a través de Zoom
Inscrición: a través desta ligazón
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas
Esta formación busca achegar as habilidades persoais claves no traballo colaborativo, así como ensinar os recursos e metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais para poder aplicalas nun contorno cooperativo.
Datas: do 29 de xuño ao 2 de xullo
Horario: de 9:30 a 14:30 horas
Modalidade: presencial
Lugar: no Salón de Plenos do Concello de Sada, avenida do Porto 24, Sada (A Coruña)
Inscrición: a través desta ligazón
Información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|