|
Boletín Rede Eusumo Nº 120 03 / 06/ 2021
|
|
|
|
|
|
Entrevistamos á cooperativa Malas Sementes
Alba e Ángela son dúas xornalistas da Coruña que aproveitaron a obrigada parálise da pandemia para lanzarse a emprender a través dunha cooperativa, nun eido moi diferente ao que coñecían ata agora, o da hostalería e a restauración.
Debido ao seu gusto pola comida e a cociña, e vendo que nos mercados da Coruña non había hostalería vinculada ao produto de proximidade, animáronse a abrir a cantina "A parva" no mercado municipal de San Agustín.
Nesta entrevista falannos tamén de porqué decidiron crear unha cooperativa e como se introduciron no eido da economía social.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Como xestionar e sacar o maximo rendemento dunha cooperativa na Comunidade de montes veciñais
Aprende a organizar unha cooperativa e as vantaxes que ofrece esta fórmula de economía social, ademais da fiscalidade, titularidade e defensa dos montes veciñais, instrumentos de ordenación ou xestión forestal e iniciativas innovadoras no medio rural.
Datas: do 5 ao 9 de xuño
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Modalidade: presencial
Lugar: no local da comunidade de montes veciñais de Camposancos, A Guarda, Pontevedra
Información: www.agaca.coop / agaca@agaca.com / 881 584 783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Networking interxeracional entre cooperativas
Encontro informativo e de intercambio para divulgar experiencias, xeitos de traballo e información sobre actividades que desenvolven as cooperativas veteranas e novas.
Neste encontro búscase tamén a aprendizaxe mutua, as posibilidades de colaboración e as alianzas entre as cooperativas participantes.
Data: 9 de xuño
Horario: de 09:30 a 11:30 horas
Modalidade: en liña a través da plataforma virtual
Información: www.espazo.coop / 881 887 456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|