A Xunta impulsa proxectos de economía social no espazo ES Pop Up Ourense

A Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa a celebración de ES-Pop Up en Ourense, do 13 ao 15 de xuño, un espazo comercial efímero de emprendemento. Esta edición é a primeira das tres que fará a Xunta ao largo deste ano.

A convocatoria está dirixida tanto a empresas de economía social en fase de consolidación como a novos emprendedores interesados en impulsar proxectos empresariais de economía social de Galicia e do norte de Portugal.

O obxectivo é introducir novos produtos e servicios, testar unha idea de negocio e potenciar o valor da comarca. Un total de oito proxectos poderán acceder a unha experiencia real de venda de produtos ou servizos que queiran testar, o que lles permitirá avaliar o grao de satisfacción do público e adoptar as melloras necesarias.

Ademais, a través de varios talleres formativos e sesións de tutorización individual, os participantes poderán afondar sobre contidos que complementen a súa formación comercial e enriquezan os seus proxectos empresariais, mediante escaparatismo, marketing dixital e outras temáticas.

 

Martes, 28 Maio, 2019 - 11:00

Compartir