A Xunta impulsa desde hoxe en Ourense a economía social a través do espazo ES-POP UP

O espazo efémero de emprendemento de economía social que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, desprázase hoxe ata Ourense, onde permanecerá ata o sábado 15 de xuño no parque Ribeira de Canedo.
Esta mostra para impulsar a economía social contará coa participación de oito proxectos empresariais. Así mesmo, incluiránse varias actividades como obradoiros para toda a familia (fotografía, escaparatismo ou estampado con selos) e sorpresas para os máis pequenos da man do contacontos Anxo Moure.
Estos son os proxectos que van participar:
- Roundie & Colours, dedicado á fabricación de tapices en téxtil;
- Triquels, unha axencia de comunicación para empresas e marcas sustentables;
- Amorote printing workshop, centrada no deseño de estampación de prendas con motivos inspirados na cultura galega;
- Trigo y Limpio, que traballa na recuperación do rural galego mediante o cultivo da variedade trigo callobre;
- Cosmética Deportiva, centrada en produtos para deportistas;
- Pequeños Círculos, de confección de roupa infantil;
- Maripapoula, dedicada ao deseño de xerseis;
- Spacio B, de interiorismo.
Se queres descargar o cartel co programa de actividades preme aquí.
Máis información a través de www.espopup.com
Xoves, 13 June, 2019 - 18:30 to Sábado, 15 June, 2019 - 19:00