Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: competitividade
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: competitividade" no marco da Rede Eusumo.
Data: 23 de xullo
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: presencial
Lugar: Santiago de Compostela
Obxectivos:
- Coñecer as últimas propostas de modificación normativa que afectan de inmediato as cooperativas e as súas persoas socias.
- Profundar nas estratexias e o acceso a man de obra para o medio agrario e gandeiro mediante o Plan Retorna.
- Estratexia da comercialización alimentaria de Galicia.
- Avanzar os retos na dixitalización dos vindeiros anos e os apoios aos que o sector primario pode acceder para abordalos.
- Compartir a visión estratéxica das tendencias nos requirimentos e sostibilidade relacionados co financiamento.
Persoas destinatarias:
- Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico).
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Martes, 23 July, 2024 - 09:45 to 14:15