Xornada sobre o novo plan forestal e situación actual dos montes veciñais en man común

A asociación para o desenvolvemento rural da comarca de Lugo organiza a seguinte actividade no marco da Rede Eusumo:

"O MONTE DO SÉCULO XXI" Xornadas sobre o novo plan forestal e situación actual dos montes veciñais en man común
 

Datas: do 7 ao 11 de setembro

Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Lugar: no salón de actos do vicerreitorado do Campus de Lugo, praza Pío XII, 3 (fronte á catedral)

Duración: 20 horas (5 sesións presenciais)

Obxectivos:

- Reflexionar sobre a reestructuración parcelaria e como inflúe no uso e no aproveitamento das parcelas agrarias, a economía social e solidaria que vira entorno ao aproveitamento das terras.
- Analizar o novo plan forestal.
- Impulsar o emprendemento a través do uso dos recursos agrarios das comunidades de montes.
- Favorecer o emprego xuvenil, a organización da produción e da comercialización mediante cooperativas entre os produtores.
- Espertar o interese dos propietarios das terras e das persoas novas sen emprego na comarca, interesada en activar a cara a un rendemento produtivo.
- Divulgar e conseguir o emprego da fórmula cooperativa como medio para potenciar o seu desenvolvemento a medio prazo.

Destinatarios:

> Emprendedores rurais
> Montes veciñais en man común
> Organizacións profesionais do sector forestal
> Persoas interesadas no emprendemento cooperativo
> Público xeral interesado

Programa:

  • Presentación da Rede Eusumo
  • Módulo 1: A propiedade forestal. Formalización e xestión dos diferentes tipos de propiedades
  • Módulo 2: Instrumentos de planificación e xestión forestal
  • Módulo 3: Dinámicas de traballo en común no ámbito forestal
  • Módulo 4: Visita ao  MVMC do Carballo en Friol
  • Módulo 5: Deseño e implementaciòn de sistemas agroforestais
  • Módulo 6: Xestión agroforestal en masas forestais comúns
  • Móduulo 7: Liñas de axudas agroforestais no actual PDR como ferramenta de cambio.

Inscricións: 

- Gratuíta

- A través do seguinte formulario

- Para máis información no 982 23 80 00 / 679 73 21 63 / info@comarcadelugo.gal

Se queres visulizalo cartel formativo preme aquí.

 

Luns, 7 September, 2020 - 16:00 to Venres, 11 September, 2020 - 20:00

Compartir