Xornada "Necesidade da actividade de I+D+i nas cooperativas e potencial das TIC no seu negocio”

MARTES, 27 DE OUTUBRO ÁS 11:00 HORAS
CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL
OURENE

A Rede Eusumo a través do programa ICoopera ten o pracer de convidalo á vindeira xornada informativa "NECESIDADE DA ACTIVIDADE DE I+D+i NAS COOPERATIVAS E POTENCIAL DAS TIC NO SEU NEGOCIO", que terá lugar o martes 27 de outubro ás 11:00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Ourense.

A celebración desta xornada ten como obxectivos:

» Coñecer o proxecto e os servizos ofertados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral para potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións no contorno das cooperativas.

» Sensibilizar sobre a importancia crítica da innovación no contorno actual das cooperativas, así como dar os coñecementos básicos necesarios, para sentar as bases dunha adecuada xestión da innovación.

» Presentar as ferramentas TIC como motor de desenvolvemento técnico e económico.

» Achegar de primeira man casos de éxito de cooperativas galegas na aplicación da I+D+i e as TIC.

Se desexa máis información do programa desta xornada consulte o arquivo adxunto.

INSCRICIÓN
Se está interesado en acudir a esta xornada poderá facelo previa inscrición no teléfono 981 584 783 ou ben a través do seguinte formulario electrónico: http://goo.gl/forms/FA2oBI7aSa .

Descargue o programa aquí

Máis información en:

Teléfono de contacto 981 552 059
Correo electrónico:info@innovacioncooperativas.coop
www.innovacioncooperativas.coop

Martes, 27 October, 2015 - 17:45

Compartir