Boborás con futuro | Xornada inspiradora

O Concello de Boborás organiza a actividade "Xornada inspiradora: Boborás con futuro, pensemos entre todos/as un Boborás máis social e sostible" no marco da Rede Eusumo.

Esta actividade desenvólvese dentro do proxecto "Boborás, concello piloto para un rural máis social e sostible", un programa innovador, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), para fomentar, impulsar e promover a xeración de ideas que dean lugar a novas iniciativas arredor da economía social.

A finalidade deste proxecto é buscar fórmulas que poñan en valor o potencial do Concello experimentando con diferentes metodoloxías de traballo que, mediante a participación activa da veciñanza, impulsen o emprendemento centrado na economía social e o desenvolvemento sostible.

Esta primeira actividade en modalidade presencial consistirá na realización dunha xornada inspiradora para coñecer boas prácticas e xerar ideas que se levará a cabo o mércores 19 de abril de 2023 no Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas (Boborás) de 16:00 h a 20:00 h.

O obxectivo da xornada é descubrir de primeira man unha serie de exemplos prácticos do tipo de proxectos que se poderían crear neste concello do rural galego. Esta xornada tamén servirá para dar a coñecer o resto do programa de actividades do proxecto, así como poñer en contacto a persoas do Concello de diferentes perfís e con ganas de xerar novas ideas.

O porgrama da sesión será o seguinte:

16:00 h - Presentación do proxecto

16:30 h - Dinámica de coñecemento e xeración de ideas

19:30 h - Viño galego e networking

O Concello Boborás convida a toda a veciñanza a participar, especialmente a persoas emprendedoras, empresarios/as locais, cooperativistas, axentes sociais, asociacións, empresas e organizacións.

As inscricións faranse a través deste formulario.

Consulta o cartel da actividade.

 

Mércores, 19 April, 2023 - 15:00 to 20:00

Compartir