Xornada final +COOP | EspazoCoop

EspazoCoop organiza a xornada final do programa +COOP de servizos de apoio á cidadanía para a creación de cooperativas, que se desenvolve en colaboración coa Rede Eusumo. Levarase a cabo o venres 14 de xullo de 2023 ás 10 h, en Silleda.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2022-2023, en colaboración coa Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, o programa +COOP, co obxetivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder así ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.

+COOP desenvólvese a través da orientación, información, asesoramento, e o acompañamento especializado aos colectivos de persoas que queren emprender, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.

Os obxectivos desta xornada final son:

  • Presentar os resultados do Programa + COOP
  • Visibilizar proxectos de emprendemento baixo a fórmula de cooperativa, amosando experiencias desenvolvidas polas beneficiarias deste programa.
  • Crear un espazo de coñecemento mutuo, de relacións e de intercooperación.

O programa estará estruturado da seguinte forma:

10.30 h - Benvida institucional e presentación

10.45 h - Presentación de Resultados do programa +COOP

11.15 h - Mesa de Experiencias Cooperativas participantes en +COOP

12.30 h - Café/Networking

Esta actividade vai destinada a:

  • Persoas desempregadas ou activas, interesadas en emprender, con potenciais ideas de negocio.
  • Servizos de fomento de emprego e apoio ao emprendemento: orientadoras laborais, xestorías, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local...
  • Cooperativas beneficiarias do programa +COOP e cooperativas de recente constitución non socias.

Descarga o programa completo aquí.

Se queres asistir, só necesitas inscribirte neste formulario.

Para máis información, contacta a través de 687 324 784ramon@espazo.coop

 

Venres, 14 July, 2023 - 10:00 to 12:30

Compartir