Xornada de promoción da Economía Social no sector mariño
Fundamar, a través da Rede Eusumo e no marco do proxecto Pasos (Plan de acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño a través das entidades de economía social) e desenvolvido polos centros de investigación CIM e ECOBAS da Universidade de Vigo , organiza a seguinte xornada:
XORNADA DE PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL NO SECTOR MARIÑO
Data: 30 de marzo
Horario: ás 11:30 horas
Modalidade: presencial no Edificio Redeiras- Universidade de Vigo, rúa da Ribeira do Berbés, 11, Vigo (Pontevedra).
A súa vez, retransmitirase en liña tamén a través do Canal 2 da Uvigo TV
Obxectivo: a promoción da Economía Social a través da xeración de espazos de co-creación con profesionais do sector pesqueiro, axentes sociais e centros de investigación relacionados co ámbito mariño, destacando o potencial e as contribucións dos centros de investigación mariña e os axentes sociais ligados ao mar, presentando iniciativas que promovan a Economía Social no ámbito pesqueiro e poñen en valor o territorio como base da innovación social, económica e ambiental.
Planificación temporal:
11:30 h - Benvida -
D. ª Susana Touza Figueiras, Subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia
D.ª Belén Rubio, Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo
D. Javier Touza, Presidente de FUNDAMAR
11:45 h - Presentación proxecto PASOS
D. ª Mercedes Mareque, Investigadora principal do proxecto PASOS na Universidade de Vigo
D. ª María Caldeiro, Xerente de FUNDAMAR
D. ª Marina Gómez, Técnica do Proxecto PASOS na Universidade de Vigo
12:00 h - Proxectos de cooperación no marco da Investigación e Innovación Responsable
Circularoil: D. Miguel Rodríguez, (Grupo GEN) Universidade de Vigo
CoastSnap: D. ª Rita González, (Grupo XM1), Centro de Investigación Mariña Universidade de Vigo
Mardevidas: D.Fabián Ben Conde, Director de Proyectos e Innovación. Federación Nacional de Confrarías
13:00 h - Peche do acto
Inscrición: a través deste formulario.
Para máis información: pasos@uvigo.es