Xornada de presentación do proxecto ES-Factory economía social
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organiza o vindeiro mércores 3 de xullo a xornada de lanzamento de ES-Factory, un proxecto que ten como finalidade o impulso e a consolidación do emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo que se desenvolvan a través da economía social.
A partir das 12 da mañá, O Museo do Mar de Vigo acollerá este acto no que se presentarán as seguintes accións:
- Programa Formo-Talento: Identificación e formación de entidades prescritoras da economía social
- Programa Mobilidade. Bolsas Gerenciales Transfronteirizas
- Programa para o desenvolvemento de plataformas dixitais e recursos para impulsar as novas economías emerxentes
- Programa para o impulso de cooperativas de emprendemento
- Aceleradoras ES-FACTORY para a creación de proxectos de economía social
- Creación de espazos de emprendemento pop-up
- Observatorio da Economía social de Galicia e Norte de Portugal
Así mesmo, a xornada contará cun relatorio e unha mesa redonda na que participarán entidades de economía social da contorna. O acto finalizará cun aperitivo, creando así un espazo para o networking.
O proxecto ES-Factory conta coa colaboración de entidades destacadas en Galicia e o Norte de Portugal, as cales xogan un papel clave na promoción da economía social e a xeración de emprego de calidade.
As persoas interesadas en asistir ao acto de presentación, deben confirmar a súa asistencia a través desta ligazón.
Descarga o programa