Xornada de presentación da Semana Universitaria da Economía Social

O 19 de febreiro ás 12 horas na Aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, CECOOP organiza unha xornada de presentación dos actos que van ter lugar a semana do 24 de febreiro no marco da Semana Universitaria da Economía Social.

A “Red Española Interuniversitaria de Institutos y Centros de Investigación en Economía Social” (ENUIES) e CIRIEC-España acordaron, nunha xuntanza de decembro de 2019, que a última semana do mes de febreiro de cada ano dedicarase á celebración da “Semana Universitaria da Economía Social” .
Así, cada centro está a organizar un conxunto de actividades, en función dos seus obxectivos, recursos e dispoñibilidade: conferencias, charlas na aula, mesas redondas de entidades, cinema-fórums, cafés-faladoiro, exposicións, presentacións de libros, presentacións de resultados de proxectos de investigación, feiras, talleres ou formacións específicas, entre outras.
Desde a rede trátase de xerar sinerxias para a comunicación e o impacto destas actividades, así como entre os centros e investigadores participantes, que estaremos a contribuír a unha acción colectiva que beneficiará ao conxunto da Economía Social e á imaxe que este sector ten no ámbito universitario e na sociedade.
O Centro de Estudos Cooperativos da USC, que forma parte da Red ENUIES, elaborou, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, co sector, coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e co profesorado, un conxunto de actividades a desenvolver ao longo desa semana. Nesta xornada anunciaranse as distintas actividades programadas.

INTERVIRÁN:

  • Covadonga Toca (Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia)
  • Celso Gándara (presidente do Foro Galego pola Economía Social en Galicia)
  • Representantes do Reitor e do Decano
  • Maite Cancelo (directora do CECOOP).

 

Mércores, 19 February, 2020 - 12:00

Compartir