Xornada de presentación do proxecto Laces: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social

O venres 22 de setembro preséntase no MUPEGA, en horario de 09.45 a 14.00 horas, o proxecto Laces.

O obxectivo da xornada é dar a coñecer o potencial da economía social para xerar emprego de calidade e fomentar a innovación sectorial, así como presentar o conxunto de iniciativas para p impulso de proxectos de economía social promovidos polos socios do proxecto Poctep LACES.

A xornada está dirixida a empresas e emprendedores de economía social que desexen buscar apoio e acompañamento nos seus procesos de creación, modernización e crecemento.

Para ver o programa completo da xornada prema aquí

 

Venres, 22 September, 2017 - 04:45 to 09:00

Compartir