XII Edición da Feira das Industrias Culturais - Culturgal

Esta fin de semana a economía social de Galicia estará presente no Culturgal, a Feira de Industrias Culturais de Galicia que terá lugar en Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro.
Son 14 as entidades de economía social as que participarán nun espazo expositivo conxunto promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Rede Eusumo que realizarán actividades de difusión e promoción a través dun stand conxunto onde poderán acadar alianzas e colaboracións cos outros co-expositores.
Neste dossier podes consultar as entidades participantes nesta edición.
Para coñecer máis información acerca deste evento, podes consultar o programa completo premendo aquí.
Venres, 29 November, 2019 - 10:00 to Domingo, 1 December, 2019 - 20:30